Quen somos?

Somos unha empresa especializada

En ofrecerche a solución máis axeitada ás túas necesidades de cara a que poidas aforrar no teu consumo enerxético mediante a instalación de enerxía solar.

Como?

Desenvolvendo a capacidade que todos e todas temos de aproveitar ó máximo a enerxía producida nas nosas casas, instalacións, naves industriais, granxas, etc. de unha forma sinxela e así poder depender menos da enerxía que temos que mercar.

Canto vas poder aforrar?

Precisamos saber os teus consumos da forma máis detallada posible, a situación xeográfica onde se vai a realizar a instalación, e tamén as necesidades que podes prever a curto prazo. Falar polo tanto de porcentaxes, cantidades ou incluso de baremos creemos que é pouco honesto e case sempre pode levar a enganos.

Canto é necesario investir?

Facilitamos aos nosos usuarios os datos cunha previsión de amortización da instalación en base ao aforro estimado. Como calquer outro investimento e imprescindible a compensación custo-beneficio de unha forma sinxela e clara.

Como podo financiar a instalación?

Tramitámosche as subvencións existentes en cada momento das distintas administracións, axudas que poden chegar a ser dun 50% do custo total. Pero non somos unha entidade bancaria nin temos acordo algún con ningunha.